INICIO
DELTARUNE en galego é un parche de tradución completa de DELTARUNE á lingua galega.
O noso obxectivo é localizar de forma fiel todo o contido do xogo: texto, sprites e audio, para que poda ser gozado en galego da mesma forma que no inglés orixinal.
O proxecto está desenvolvido por un grupo de fans do xogo, e non ten ningunha afiliación oficial con Toby Fox nin co equipo de Deltarune.
Actualmente, estamos traballando en traducir o Capítulo 5! Os previos 4 capítulos están listos para xogar.
Capturas
descargA
DescargarComo instalar
- Descarga o arquivo
DELTAGAL.zip. - Descomprime este arquivo na carpeta de DELTARUNE. Podes acceder a ela dende Steam (Deltarune → Propiedades → Arquivos instalados → Navegar).
- Substitúe todo cando se pida.
No caso dalgún erro, volve á lapela de antes en Steam e selecciona Verificar integridade dos arquivos, ou desinstala e volve a instalar o xogo (isto non elimina as partidas gardadas).
Cambios
- Novas liñas de voz para o xefe segredo do Capítulo 1.
- Tradución do sprite animado de "It's TV Time!" de Tenna.
- Arranxos menores na tradución dos 4 capítulos.
- Actualización á última versión (v0.0.253) de DELTARUNE.
ContactO
Se estás interesade en axudar, atopaches algún problema coa tradución, ou sinxelamente queres seguir o proxecto, estamos presentes nestas redes :D
